Camping O Muíño

Cando un conserveiro de Vigo decidiu facer a súa casa en Mougás, Oia, construíu a casa con particular forma de muíño de vento. Anos despois, a casa e fincas foron vendidas para facer o Cámping O Muíño. A orixinal construción, ficou en pé, converténdose en todo un símbolo.

O Muíño é un cámping de 1º con modernas instalacións e diversas formas de pernocta. Ofrece a posibilidade de alugar parcelas para caravanas ou tendas de campaña e tamén dispón dunha área para tendas de campaña sen parcela.

Pero un dos seus elementos destacados polo seu confort é a opción dos bungalows, con dúas modalidades: o aluguer de bungalow ou o aluguer do terreo no que dispoñer un bungalow privado para estancias longas.

Ademais dispón de:

  • Restaurante e cafetería
  • Estación sanitaria
  • Parque infantil
  • Supermercado
  • Praia
  • Zona deportiva
  • Piscina
  • Barbacoa
  • Zona de xogos e disco-bar
  • Lavandería
Información básica

Nome: O Muiño Camping 1ª – Bungalow Park
Enderezo: Ctra. Baiona – A Garda Km. 26, Mougás, Oia, España
Teléfono: +34 986 361 600
Sitio web: www.campingmuino.com