Restaurante A Camboa

As camboas son estruturas á beira do mar que pechan unha porción de mar de xeito artificial. Cando a marea sube entra o peixe miúdo, quedando atrapado na baixada da marea.

O mosteiro de Oia contaba cunha destas trampas de pesca de explotación exclusiva por parte dos monxes que pechaba a pequena enseada. Os seus restos aínda son visibles coa marea baixa.

O restaurante A Camboa sitúase xusto enriba desta estrutura, mirando de fronte ao propio mosteiro. O seu nome, toda unha declaración do que o cliente pode atopar no restaurante: peixe fresco de primeira calidade.

Ademais, destaca a súa oferta en carnes, mariscos e outros produtos como arroces….

Destaca A Camboa polos seus amplos espazos acristalados polos que escoa a luz e o reflexo do Atlántico nos seráns de verán.
Dispón dunha amplísima terraza-xardín decorada de xeito rústico na que desfrutar dos seus pratos ou simplemente dunha cervexa comprobando como o Sol volve mergullarse no Atlántico.

Información básica

Nome: Restaurante A Camboa
Enderezo: Rua Vicente lópez, 2, Oia, España
Teléfono: 986 36 23 58