Sendeirismo en Oia

Sen dúbida é unha das actividades estrela que se poden realizar nesta zona. A variabilidade paisaxística permite rutas moi diversas na duración, dificultade ou temática, pasando por sorprendentes enclaves naturais e fitos importantes do Patrimonio Cultural

Dende un breve paseo familiar ata grandes rutas, non podes deixar de camiñar por estes vellos sendeiros, pistas ou camiños empedrados. Oia está chea de rutas, só tes que escoller a que mellor se axeite ás túas necesidades.

Ruta Máxica de Oia

Gran ruta que vertebra o territorio de Oia de Norte a Sur pasando por todas as súas parroquias costeiras.
A ruta está perfectamente sinalizada e no seu percorrido atoparás lugares de interese natural como as Sobreiras do Faro ou as Pozas de Mougás. O seu trazado tamén pasa por interesantes petróglifos como Auga dos Cebros ou A Pousadela e o castro de Cano dos Mouros, todos eles actúan de miradoiros sobre o Atlántico

A ruta remata no complexo arqueolóxico da Cabeciña.

Lonxitude: 20 km. aprox.

Dificultade: Fácil

Consulta as características técnicas e descarga a ruta en wikiloc

E o PDF co tríptico da ruta

Alternativa circular
Existe tamén esta variante circular máis breve, doadamente realizable nunha mañá ou nunha tarde.
Lonxitude: 7 km.
Dificultade: Moderada
Consulta as características técnicas e descarga a ruta en wikiloc

Ruta Mougás en 4.000 anos

Ruta circular que sae e chega dende A Cabeciña pensada como o complemento perfecto da visita a este xacemento. Os lugares polos que pasa completan a información das visitas guiadas á Cabeciña e axudan a entender a evolución dunha paisaxe a través de 4.000 anos.
A ruta pasa por distintos elementos que nos poñen en contacto coa pegada que o ser humano deixa na paisaxe: petróglifos, cortes, muíños ou lavadoiros conéctannos con esa evolución dunha paisaxe cultural. Mais tamén outros interesantes elementos nos contarán a historia da chegada da Modernidade a Mougás.

Duración: 5km. aprox.
Dificultade: Moderada

Consulta as características técnicas e descarga a ruta en wikiloc

Ruta polo Patrimonio de Torroña

Esta ruta explica claramente o contraste deste concello. As anteriores rutas recomendadas, teñen unha vinculación co mar evidente, o Atlántico é o noso compañeiro de andaina. Esta ruta pola contra, discorre polas terras altas da parroquia de Burgueira.
A ruta atravesa unhas Highlands inesperadas tan preto do mar. Unha paisaxe sublime en base a penechairas e montañas formados por turbeiras e chans vellos. Terras altas inmemoriais, que nos conectan co espírito da Groba.
No seu percorrido pasaremos polo que foi o curro de cabalos máis grande de Galicia, hoxe abandonado, por un panel de petróglifos cun característico labirinto, un castelo altomedieval en ruínas ou o foxo do lobo máis grande de Galicia. Vida de alta montaña e historia.
Lonxitude: 12´7 km.
Dificultade: Moderada

Consulta as características técnicas e descarga a ruta en wikiloc