Surfing e bodyboard en Oia

A costa de Oia reúne a numerosos afeccionados a estes deportes. As ondas desta costa ofrecen a forza necesaria para que surfistas de toda España e Portugal se dean cita en distintos puntos.

A bravura deste mar e o perfil de costa pedregosa son atractivos para os surfistas máis extremos e atrevidos.

A Salvaxe
Na zona da rocha Pedra Rubia, en Mougás, existe unha onda moi prezada polos surfistas. O seu nome non engana, A Salvaxe ou a F3 é unha dereita que pode alcanzar máis de tres metros de altura. Trátase dunha das ondas máis espectaculares que se poden coller en Galicia, pero non é para calquera, xa que resulta tan apetecible como perigosa. Preme aquí para ver un vídeo da Salvaxe na web de Surf GZ.

Para os menos iniciados recomendamos buscar ondas máis tranquilas ou contactar co Santa María Surf Club en Oia.

Máis vídeos e fotos na web de Surf GZ.