Videodiario nº2. Avanza a escavación na Cabeciña

Trala primeira semana de traballos no sitio arqueolóxico de A Cabeciña, toca facer balance da actividade realizada. En palabras do director da escavación, Carlos Otero, esta primeira fase foi de labores “duros e ingratos”, pois a maior parte consistiu na retirada de grandes cantidades de terra, pés de árbores e raíces.

Pero todo este esforzo ten a súa recompensa, pois cada vez van aparecendo máis pezas (tanto de pedra como de cerámica) e entre o material dos derrubes localizados vaise “insinuando” tamén algunha estructura… Así, vai rematando a parte máis pesada para poder chegar ao máis interesante, tal e como nos avanzan no seguinte vídeo Carlos Otero e Xosé Gago, coordinador de Costa dos Castros:

Queres saber máis sobre as pezas achadas durante esta primeira semana? Pois preme aquí.