II Festa do Rei Sol: APRAZADO

APRAZAMOS A FESTA DO REI SOL POR AMEAZA DE CHUVIA. O SOL ABANDÓNANOS, PERO NON POR MOITO TEMPO! VOLVERÁ A PRÓXIMA FIN DE SEMANA CON MÁIS FORZA QUE NUNCA. PRONTO REVELAMOS DETALLES DOS ESPECTÁCULOS SORPRESA QUE ESTAMOS A PREPARAR.

Na segunda edición da Festa do Rei Sol que celebramos o sábado 24 de setembro propoñemos recuperar a tradición oral de Oia e especialmente aquela vinculada ao castro de Cano dos Mouros, en Viladesuso. Será unha xornada festiva con merendola, cervexa artesá, música e moito, moito teatro.

No cartel tedes a programación completa e abaixo hai instrucións para chegar ata o castro.

Como chegar ata o castro de Cano dos Mouros

(Instrucións debaixo do mapa)

Indicacións pola estrada Baiona – A Guarda PO-552 en dirección A Guarda:

  • Ao pasar o Cámping O Muíño (Mougás), atentos! Estamos cerca do desvío.
  • Nun pequeno cambio de rasante tomar o desvío á esquerda (sinalizado cunha valla publicitaria de Picadero O Rancho).
  • Continuar pola mesma estrada cara a Mougás ata tomar un desvío á dereita con indicacións de Picadero O Rancho e Sobreiras do Faro.
  • Continuar ata chegar ao castro de Cano dos Mouros. Despois de pasar o Picadero O Rancho estarás a 500 metros do castro. Hai zona de aparcadoiro ao carón das antenas.