O Festival do Rei Sol volve á Costa dos Castros de Oia do 14 ao 16 de setembro

O Festival do Rei Sol volve por terceiro ano consecutivo á Costa dos Castros de Oia co obxectivo de revalorizar o patrimonio cultural deste territorio, especialmente o seu rico legado inmaterial. A cita cultural se celebrará entre o 14 e o 16 de setembro e incluirá actividades gratuítas pensadas para o desfrute de todos os públicos.

Visitas guiadas, obradoiros infantís, relatorios e espectáculos das artes escénicas compoñen a programación deste ano, que achegará as súas propostas a diversos puntos do municipio.

Así, a programación do Festival do Rei Sol 2018 abrirase o venres 14 de setembro cunha doble actividade dedicada ao oficio tradicional da telleira. Ese día desenvolverase un obradoiro infantil de traballos manuais para confeccionar as tellas do Rei Sol e, a continuación, terá lugar unha charla sobre a telleira en Oia a cargo de Pepe “Buraco”. Unha obra de teatro pechará a xornada inaugural.

Actos no Cano dos Mouros

Os actos principais do festival desenvolveranse ao longo da tarde do sábado 15 de setembro no castro do Cano dos Mouros (Viladesuso), onde haberá unha visita guiada e o grupo veciñal O Mellor de Cada Casa representará unha obra de teatro ambientada no mundo galaico.

A continuación se desenvolverá o espectáculo de narración oral titulado O eco das pedras, a cargo da artista Raquel Queizás, e unha contemplación do solpor amenizada polo grupo de música tradicional A Fiada de Viladesuso porá o broche final á xornada festiva.

O sábado e domingo pola mañá haberá, visitas guiadas especiais polo Barrio do Arrabal (entorno do Mosteiro de Oia). Estas visitas permitirán conocer -da man dunha personaxe do século XVIII- este núcleo tradicional de poboación a través das súas lendas e historias.

Patrimonio inmaterial

O Festival do Rei Sol leva o nome do protagonista dunha lenda local asociada ao castro do Cano dos Mouros. Aproveitando esta circunstancia, con esta cita cultural preténdese fomentar a convivencia entre veciños e visitantes de Oia, revalorizar o patrimonio local e concienciar sobre a necesidade de preservalo para as futuras xeracións.

A actividade, organizada pola Asociación Costa dos Castros xunto co Concello de Oia, desenvólvese coa colaboración da Deputación de Pontevedra (Ano da Lingua), así como de diversos colectivos locais, como son a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Viladesuso e a Asociación de Veciños de Viladesuso.

Festival do Rei Sol 2018 Costa dos Castros Oia

 

PROGRAMACIÓN COMPLETA

  

VENRES 14 DE SETEMBRO

-17.00h. Obradoiro infantil Pequenos Cabaqueiros. As tellas do Rei Sol

Traballos manuais  con pasta de modelar. Recomendado para peques entre os 5 e os 10 anos. Prazas limitadas. Información e inscricións no teléfono 689 35 57 13.

-19.00h. Charla de Pepe “Buraco” sobre a telleira en Oia

-20.30h. Teatro. Fulano, Mengano e Citano: O que hai que ver (dentro do ciclo Cultura no Camiño)

 

SÁBADO 15 DE SETEMBRO

-12.30h. Visita guiada especial: Historias e lendas do Arrabal. (Saída da Oficina de Turismo de Oia)

*En caso de chuvia os actos trasladaranse á Cultural de Viladesuso.

-18.00h. Visita guiada polo castro de Cano dos Mouros.

-18.30h. Teatro veciñal a cargo do grupo O Mellor de Cada Casa (Viladesuso)

-19.30h. Espectáculo familiar de narración oral O eco das pedras, de Raquel Queizás

Contemplación do solpor amenizada pola Fiada de Viladesuso (20.45h. aprox).

 

 DOMINGO 16 DE SETEMBRO

Visita guiada especial: Historias e lendas do Arrabal. (Saída da Oficina de Turismo de Oia)

Exposición de fotografías sobre a telleira na Oficina de Turismo de Oia

 

 

Información no noso evento en Facebook