Preto dun  milleiro de persoas participaron nas actividades de Costa dos Castros durante 2018

Preto dun milleiro de persoas participaron o pasado ano nalgunhas das actividades organizadas por Costa dos Castros ou ben desenvolvidas en colaboración con outras entidades.

As principais iniciativas foron as campañas de visitas guiadas de Semana Santa e de verán e as actividades de didáctica con escolares.

Ademais tamén se desenvolveron andainas, organizouse o Festival do Rei Sol e, como todos os anos, recibiuse a visita do grupo de estudantes da Universidade de Portland que organiza cada ano a profesora Suzanne.

Por outra banda, o pasado ano tamén se editou un caderno divulgativo sobre os gravados rupestres do río Vilar. A publicación detense especialmente nas figuras das embarcacións, únicos dos petróglifos galaicos cunhas características semellantes ás dos modelos mediterráneos do segundo milenio a.C.

Como vedes, foi un ano completo que non se tería desenvolvido deste xeito sen a colaboración de todos sen vós, por suposto. Así que, ante todo, moitas GRAZAS por estar aí!

Se queredes consultar a memoria do ano 2018 podedes descargala no apartado “transparencia” deste blog.

 

taller patrimonio arqueoloxía Costa dos Castros Oia