Costa dos Castros na xornada “Que podes facer pola conservación?”

O próximo 26 de outubro estaremos en Vigo presentando o noso proxecto nas xornadas tituladas Que podes facer pola conservación?, organizadas pola Sociedade para o Estudo e Conservación do Patrimonio Natural e Etnográfico.

A persoa encargada do relatorio da Asociación Costa dos Castros será o noso vicepresidente, Manuel Ángel Pombal, quen falará sobre a implicación da veciñanza na conservación do patrimonio.

Desde Costa dos Castros queremos agradecerlle á organización da xornada que teñan contado con nós para un dos relatorios que se van desenvolver. Seguro servirán para promover un enriquecedor debate arredor da conservación do patrimonio natural e cultural e para coñecer outros interesantes proxectos que se están a desenvolver no territorio.

Non vos perdades a actividade, o sábado 26 de outubro a partir das 17.00 horas no edificio Cambón (centro de visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas), no Casco Vello de Vigo.

Tedes toda a información no cartel:FB_IMG_1571385494499