Actualidade

Auga dos Cebros Pedornes, Oia. Costa dos Castros

A limpeza da contorna de Auga dos Cebros abre esta fin de semana os traballos para a elaboración dunha réplica do petróglifo

Os traballos para a elaboración dunha réplica do petróglifo de Auga dos Cebros comezarán esta fin de semana cunha actividade que consistirá na limpeza da contorna do gravado. Estes labores previos terán lugar o próximo sábado e contarán coa participación da propia veciñanza, se ben cómpre inscribirse previamente porque as […]

DSC_0650

Exposición de obxectos tradicionais para contar as “historias non escritas” de Oia

Unha exposición realizada grazas á recompilación de obxectos tradicionais complementará a oferta de actividades culturais que se desenvolverán na fin de semana do 1 e 2 de xuño con motivo da visita dramatizada protagonizada polas persoas participantes no obradoiro de teatro “6×6 Punto de encontro O Arrabal: historias non escritas”. […]

Guadalupe nunha "barferencia" celebrada en 2015 co gallo das escavacións arqueolóxicas no castro da Cabeciña.

Conversas na Costa dos Castros

A Asociación Costa dos Castros bota a andar un novo proxecto divulgativo, neste caso un ciclo de charlas que, baixo o título “Conversas na Costa dos Castros”, aposta por achegar á veciñanza o coñecemento e o traballo que se está a facer arredor do patrimonio local. As conversas arrancarán o sábado […]

Visita petroglifo Auga dos Cebros Oia

A Escola Superior de Conservación e Restauración interésase polo petróglifo de Auga dos Cebros

  A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, a Comunidade de Montes Veciñais e en Man Común de Pedornes e a Asociación Costa dos Castros manteñen contactos con vistas a desenvolver unha nova actuación en Auga dos Cebros, neste caso para poder elaborar unha réplica […]