Balance 2019

Que mellor para despedir o ano que facer balance das actividades que temos desenvolvido na Asociación Costa dos Castros?

Programación de visitas guiadas polo patrimonio cultural e natural de Oia, visita dos nosos amigos de Portland, ou as actividades didácticas co alumnado de diversos colexios, participación en diversas xornadas en Galicia e Portugal, colaboración co proxecto “6×6 Punto de encontro O Arrabal, historias non escritas e os traballos para a elaboración do molde e réplica do petróglifo de Auga dos Cebros por parte da Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia son algúns dos contidos que podes consultar na memoria de actividade correspondente a 2019.

Podes acceder ao PDF coa memoria no apartado “Transparencia” da web.