Actualidad

Sobreira da Cabeciña

Unha sobreira para A Cabeciña

Nas camisolas, nas botellas de cervexa… seguro que nalgures teredes visto a imaxe da Cabeciña: poderíamos resumila como unha composición formada polo curuto do monte presidido por unha solitaria e fráxil sobreira á luz da tardiña, pero realmente cóntanos moito máis. Para coñecer todos os detalles falamos con Juan Pablo […]

Videodiario 3

Videodiario nº3. A Cabeciña promete…

Na Cabeciña empezamos a terceira semana de traballo con grandes expectativas: as pedras movidas polo equipo nas zonas de derrubo permiten xa identificar varios muros e estructuras reveladoras. O equipo cre que algunhas das estructuras identificadas poderían apuntar a unha comunicación entre distintas terrazas. Segundo o director da escavación, Carlos Otero, de confirmarse […]

A Cabeciña. Día 8.

Un menú para A Cabeciña

Como podería ser un banquete na Cabeciña? Sobre este asunto falamos na segunda das nosas Barferencias, na que o arqueólogo Carlos Otero nos descubriu que as comidas dos castrexos galegos pouco puideron ter que ver coa imaxe das longas mesas típicas dos cómics de Astérix e Obélix, onde os comensais […]

Visita guiada A Cabeciña

Como chegar ao castro da Cabeciña

Click here to read in English. Ven visitar a arqueoloxía en acción no sitio arqueolóxico da Cabeciña! O equipo de Costa dos Castros estará todo agosto investigando o pasado deste espectacular castro e os petróglifos circundantes. Estades convidados a visitar o xacemento en calquera momento. Tamén ofrecemos visitas guiadas gratuítas durante […]