Deportes & Aventura

O Concello de Oia ofrece múltiples posibilidades de ocio e práctica de deportes. A súa característica combinación de costa e montaña dá a opción de realizar actividades por terra, mar e aire.

Escolle o deporte ou actividade que te interese:

  • Mundo cabalar: Oia ten unha gran tradición de cabalos salvaxes, curros e equitación.
  • Parapente: as características topográficas da zona fanna un lugar imprescindible para os amantes do parapente e o voo sen motor.
  • Sendeirismo: varios roteiros permítenche explorar o patrimonio cultural e natural da zona mentres fas exercicio.
  • BTT&Ciclismo: os montes de Oia son ideais para practicar BTT.
  • Surfing & Bodyboard: a accidentada e rochosa costa de Oia atrae aos surfistas máis atrevidos, pero hai opcións para os máis tranquilos.