Como chegar ao castro da Cabeciña

Click here to read in English.

Ven visitar a arqueoloxía en acción no sitio arqueolóxico da Cabeciña! O equipo de Costa dos Castros estará todo agosto investigando o pasado deste espectacular castro e os petróglifos circundantes.

Estades convidados a visitar o xacemento en calquera momento. Tamén ofrecemos visitas guiadas gratuítas durante todo o mes: de martes a venres ás 12:00 e sábados e domingos ás 12:00 e 19:00.

Sigue estas indicacións para chegar á Cabeciña en Mougás, Oia (ver mapa abaixo):

Se ves en coche:

A forma máis doada de chegar a Mougás dende prácticamente calquera punto de Galicia é a través da AP-9 en dirección Vigo.

  1. Despois de pasar Vigo, coller o desvío que indica Baiona ata enlazar coa AG-57.
  2. Percorrer toda a AG-57 ata a súa última saída iremos dar directamente a unha rotonda e colleremos a segunda saída:
  3. Continuar recto pola estrada PO-552 Baiona – A Guarda
  4. Ao pasar o Cámping O Muíño e o restaurante O Peñasco, atentos, estamos preto do desvío
  5. Despois de pasar por debaixo dun ponte, collemos o primeiro desvío a man dereita.
  6. Poucos metros despois de pasar diante do Albergue Aguncheiro, collemos un desvío en costa ascendente á man dereita
  7. Continuamos sempre ascendendo cruzando unha ponte por enriba da PO-552
  8. Continuamos ascendendo e tras un par de curvas pechadas veremos as naves da granxa de coellos.
  9. Recomendamos deixar o coche na explanada en fronte da granxa de coellos e camiñar 300m. ata A Cabeciña pola pista que sube.
Se vés a pé:

Colle a pista fronte ao Cámping O Muíño (Mougás). Sigue a pista uns 2km ata chegar á Cabeciña.