Videodiario nº3. A Cabeciña promete…

Na Cabeciña empezamos a terceira semana de traballo con grandes expectativas: as pedras movidas polo equipo nas zonas de derrubo permiten xa identificar varios muros e estructuras reveladoras.

O equipo cre que algunhas das estructuras identificadas poderían apuntar a unha comunicación entre distintas terrazas. Segundo o director da escavación, Carlos Otero, de confirmarse este extremo, poderíamos estar ante “un castro máis arquitecturizado e monumental” do que parece a primeira vista.

Neste vídeo tedes tódolos detalles: