Onde está a chave de Chavella?

Os nosos amigos de DigVentures xa volven a Inglaterra, pero deixan con nós os resultados do seu gran traballo da última semana. Lisa Westcott resume neste artigo os avances da escavación no castro de Chavella. Estamos tristes de que xa non estea entre o equipo arqueolóxico, pero non demasiado, porque sabemos que estes primeiros contactos galaico-británicos marcan o inicio dunha longa amizade!

Onde está todo o mundo? Ou máis ben, onde estaba todo o mundo na Idade do Ferro no castro de Chavella? Porque a verdade é que non semella que viviran onde nós pensababamos!

Todo o bo se acaba e a nosa escavación en Chavella non é ningunha excepción. Subindo polo monte arriba no noso último día de traballo de campo, xa empezamos a reflexionar sobre o que temos atopado esta semana.

Trátase da primeira semana de escavación na historia do castro. O equipo abriu dúas sondaxes – unha na acrópole e outra na terraza Leste.

Chavella 2015

En canto comezamos a retirar a primeira capa vexetal, atopamos unha serie de grandes pedras, dispostas formado o derrubo dun muro. En ningún caso semellaban ser simplemente derrubo das murallas que rodean a terraza, senón más ben semellaban proceder doutra estrutura separada. A terraza da acrópole incluso tiña un chan de pedra. Eran estas pedras un indicio de cabañas?

Porén, cara ao final da semana, comezamos a replantexar a nosa primeira interpretación. O máis raro era que apenas atopamos cultura material. Se esas pedras procederan de cabañas deberiamos ter atopado moitos máis achados. Onde están os anacos de cerámica, as ferramentas, os obxectos decorativos, as pezas de xogo que se atoparon na escavación do castro da Cabeciña (a uns quilómetros de Chavella)? Esta estraña ausencia de artefactos fíxose aínda máis aparente tras a nosa visita a Santa Trega (que máis que un castro é unha mega-metrópole da Idade de Ferro!).

Chavella 2015

En Santa Tegra os arqueólogos están a atopar entre 500 e 600 anacos de cerámica ao día; os pobres van estar lavando pezas o resto das súas vidas! E hai outros castros comparables na zona que foron tamén fructíferos nese sentido. Así que por que esta ausencia de achados en Chavella?

A sondaxe da acrópole

Comenzando pola sondaxe da acrópole, os únicos achados atopados polo de agora foron as dúas ferramentas de pedra que atopou Maggie: un machado e unha pedra de pulir. Carlos Otero Vilariño, o director arqueolóxico, explicou que en realidade a ausencia de achados reforza a hipótese de que o castro fose reocupado durante a Idade Media.

Chavella 2015

Segundo Carlos, a falta de artefactos é máis común na Idade Media que na Idade de Ferro, así que é un resultado positivo en términos da investigación, xa que esta sondaxe ubicouse na acrópole xustamente para confirmar se houbo unha reocupación durante ese período.

Chavella 2015

Non temos máis probas para confirmar a posible reocupación nin elementos claros, a excepción dunha liña de pedras pegadas á roca madre e unhas pedras que claramente se usaron para encher os ocos entre a roca madre co fin de achairar a superficie.

Chavella 2015

Porén, Carlos e Marta ampliarán a sondaxe a semana que vén para seguir a destapar o muro, así que quizais obteñamos máis información.

A sondaxe da terraza

Chavella 2015

Abaixo na segunda sondaxe dentro das murallas, a situación tampouco está resolta. Carlos elixiu esta ubicación coa esperanza de atopar algunha cabaña, ao estilo da Cabeciña ou Santa Trega.

Hai moita pedra, pero tras estos días de escavación, agora semella que as pedras perteñecen a dúas fases de derrubo máis que aos restos dunha estrutura intacta. De novo, os achados foron sorprendentemente escasos, con tan só tres minúsculos anacos de cerámica.

Chavella 2015

A zona do castro de Chavella é un destino frecuentado por parapentistas, que informaron ao noso equipo de que en todos estos anos que levan subindo ao castro, apenas atoparon achados en superficie. Que podemos concluír de todo isto?

Un castro diferente

 As funciones dos castros varían segundo a súa localización. Os situados a maior altura e con mellores vistas, tenden a ser de uso militar, mentres que aqueles situados abaixo, son de uso máis habitacional.

Chavella 2015

Así que por que non atopamos en Chavella a mesma cantidade de probas materiais que na Cabeciña? Quizais non escavamos aínda o suficiente. Quizais este castro construíuse para un fin distinto ao da Cabeciña e Santa Trega. Ou quizais porque non escavamos no sitio adecuado.

Ista é unha posibilidade moi real, xa que hai outra terraza na parte suroeste do castro que ten un mellor control visual da costa eque está moito máis protexida do vento.

Se vivira xente en Chavella, viviría alí, e para Carlos, alí centrarase o seguinte paso da investigación. O que pasa é que vai facer falta unha retropala, un equipo máis grande e como mínimo un mes de escavación para seguir a indagar… Semella que xa sabemos onde imos estar para a seguinte campaña de escavación!

Novas interpretacións para a Idade de Ferro no Atlántico 

Chavella 2015

O traballo arqueolóxico en castros galegos están cuestionando cando empezou realmente o proceso de urbanización na rexión. Estase a poñer en cuestión a presunción de que foron os romanos os responsables do crecemento, organización e sofisticación da zona, e non os habitantes indíxenas da Idade de Ferro.

De novo, os arqueólogos aprenden máis sobre a forza da cultura autóctona e pregúntanse, “Realmente, que fixeron os romanos por nós?”

De momento, teremos que esperar a ver que atopan Carlos e Marta a semana próxima, pero estamos desexando volver o ano que vén para continuar coas escavacións en Costa dos Castros e ver como evolucionou a cultura castrexa e como os diferentes asentamentos deste espectacular tramo de costa se relacionaron entre eles. Temos os dedos cruzados para a campaña de 2016 e esperamos contar co teu apoio!