A experiencia Costa dos Castros de Jules

Jules Hynam veu a Costa dos Castros en 2015 a través do nosa campaña de micromecenado con DigVentures, durante a escavación no castro de Chavella. Non só foi un compañeiro estupendo, con moitísimo coñecemento sobre todo tipo de temas dende a historia ata a música e a astronomía, tamén é un fotógrafo fantástico e un afeccionado a facer modelos 3D (podes ver un exemplo do seu traballo abaixo)! Entrevistámolo recentemente para saber un pouco máis sobre el e a súa experiencia durante a semana que estivo en Costa dos Castros.

Jules Hynam

Por que te interesa a arqueoloxía?

Sempre me interesou a Arqueoloxía, dende que son adolescente, pero inicialmente dediqueime a outras cousas. Agora retomei o meu interese e espero poder dedicarme á arqueoloxía no futuro. Isto significa que terei que gañar tanta experiencia como sexa posible, e formarme. O que me encanta da arqueoloxía é que non mente. O que tes na terra é o que hai, non importan as ideas ou teorías que teñas. A maneira na que interpretas o que atopas é outro asunto, claro.

A que te dedicas cando non estás a facer arqueoloxía?

Normalmente, cando non estou probando a facer arqueoloxía, podes atoparme vendendo vinilo nunha tenda de discos – probablemente o segundo traballo máis molón do mundo. O traballo máis molón do mundo é ser arqueólogo, evidentemente.

Que é o que máis te gustou de Costa dos Castros?

Estaba encantado de visitar Costa dos Castros porque non tiña nin idea de como sería esa parte de España. Superou as miñas expectativas. As persoas que coñecemos foron encantadoras, acolledoras, simpáticas, e sentinme como en casa. A localización espectacular dos castros enriba da costa era marabillosa. Encantoume a arte rupestre que vimos. Dixen algo da comida riquísima?

Este ano ti tamén podes ser membro do equipo de Costa dos Castros a través do noso micromecenado 2016: www.digventures.com/projects/costa-dos-castros-2016/

Chavella Hill Fort Wall
by juleshynam
on Sketchfab