O Rei Sol xa ten a súa cervexa

A cervexa gañadora da II Festa da Cervexa da Cabeciña é unha American Pale Ale (APA) de Trisk-Ale. Eran tres as cervexas a concurso: a APA gañadora, producida por Trisk-Ale e o número 1 na lista de votación; o número 2, unha Weissbier, e o número 3, unha APA de espelta, ambas de Vacaloura.

A American Pale Ale de Trisk-Ale foi a gañadora da votación por maioría absoluta. Esta cervexa pasará a ser a do Rei Sol, en homenaxe á lenda asociada ao castro de Cano dos Mouros en Viladesuso.

Esta nova cervexa súmase á gañadora da festa do ano pasado, que xa se comercializa co nome de A Cabeciña. Os seus produtores, os artesáns de Trisk-Ale con fábrica en Nigrán, doan unha porcentaxe da súa venda ao proxecto Costa dos Castros.

Actualmente a cervexa A Cabeciña está en billa en La Micro, o bar de Trisk-Ale en Baiona. Agora toca elaborar máis litros da cervexa Rei Sol para que estea dispoñible nos próximos meses.

Clic aquí para ver as fotos da II Festa da Cervexa da Cabeciña no noso Facebook.