Visitas Guiadas á Costa dos Castros 2016

eer en español] [Read in English]

A Costa dos Castros é un destino con arqueoloxía, paisaxe, gastronomía, aventura e viño. Coñécea máis a fondo coas nosas visitas guiadas gratuítas ao patrimonio do Concello de Oia.

  • Barrio do Arrabal e contorno do Mosteiro de Oia: Sábados e domingos ás 12:00.
  • Castro e petróglifos da Cabeciña: De martes a venres ás 12:00. Sábados, domingos e festivos ás 18:00.
  • Petróglifos da Cabeciña á luz das lanternas: Venres e sábados ás 22:30 (obrigatorio reservar).

E despois, porque non seguir explorando a Costa dos Castros degustando uns excelentes viños do Rosal, da man das bodegas Terras Gauda? Lunes a venres ás 18h, sábados ás 19h, e domingos & festivos ás 12:30 (5€, incl. percorrido en microbús polos viñedos e cata de 2 variedades de viño).

Tamén ofrecemos para pequenos grupos a posibilidade de solicitar estas visitas fóra dos horarios indicados ou algunha das nosas tres visitas alternativas (gratuítas para clientes dos establecementos colaboradores): Xacemento de Chavella, Petróglifos de Auga dos Cebros e Castro de Cano dos Mouros.

Consulta a programación detallada aquí: Visitas verán CdC 2016 (PDF)

Para máis información e reservas: 666435832 / costadoscastros@gmail.com