Conclusións moi positivas da limpeza no Viveiro


Warning: Wrong parameter count for strstr() in /usr/home/costadoscastros/www/wp-content/plugins/multilanguage/multilanguage.php on line 2134

Warning: Wrong parameter count for strstr() in /usr/home/costadoscastros/www/wp-content/plugins/multilanguage/multilanguage.php on line 2140

Petróglifo no Viveiro (Pedornes) Oia. Galicia

A zona debeu funcionar durante unha etapa da Prehistoria como un lugar de culto destinado á representación rupestre

Os labores de limpeza con control arqueolóxico desenvolvidos na zona do Viveiro (Pedornes) foron todo un éxito, pois non solo se conseguiron obxectivos de mellora da accesibilidade, a visibilidade e a seguridade contra incendios: tamén permitiron realizar novos achados nesta zona de gran densidade de gravados rupestres.

Así se desprende das conclusións elaboradas por Elisa Pereira, a arqueóloga encargada da supervisión destes traballos. A limpeza, enmarcada dentro das actuacións da Asociación Costa dos Castros para este ano 2017, comprendeu a contorna do singular gravado de Auga dos Cebros.

Segundo explica na memoria técnica da actuación, a elevada cantidade de gravados que existe na zona leva a concluír que O Viveiro “debeu funcionar durante unha etapa da Prehistoria como un lugar de culto destinado á representación rupestre” mentres que, xa en épocas históricas, na zona existiu actividade de cantería e tamén houbo usos sociais de explotación.

No documento, a arqueóloga tamén deixa constancia do estado de conservación dos petróglifos na zona, explicando que moitos deles quedaron afectados polos lumes, tal e como xa avanzabamos no anterior artigo sobre os traballos no Viveiro.

Finalmente, fai unha serie de recomendacións de futuro: desenvolvemento de traballos de roza con periodicidade anual, que non se fagan plantacións próximas ao gravados e acometer limpezas e estudios concretos nalgúns dos gravados atopados son algunhas das súas propostas.

Neste vídeo, Elisa ofrécenos un pequeno resumo da actuación no Viveiro: