Avance sobre o Festival do Rei Sol 2017

Festival do Rei Sol. Cano dos Mouros (Viladesuso-Oia)

O mes de setembro entra con novidades en Oia

Para pechar a campaña de verán na Costa dos Castros, que mellor que facelo cun evento lúdico-cultural que misture convivencia, cultura, patrimonio e festa. Do 15 ao 17 de setembro celebrarase o Festival do Rei Sol, cunha programación que incluirá actividades para tódalas idades:

 

 

  • VENRES, 15 DE SETEMBRO

-19.30 horas: Taller infantil: Pequeno Laboratorio Arqueolóxico.

Prazas limitadas. Require inscrición. C. Cultural de Pedornes.

-20.30 horas: Teatro. O que hai que ver, de Fulano, Mengano e Citano.

C. Cultural de Pedornes.

Dentro da programación de Cultura no Camiño (AGADIC).

  • SÁBADO, 16 DE SETEMBRO

-10.00 horas. Andaina por Viladesuso.

Prazas limitadas. Require inscrición.

-17.00 horas. Taller infantil de traxes castrexos.

Prazas limitadas. Require inscrición. C. Cultural de Oia. (Ubicación)

-18.00 horas. Charla-coloquio Pactos de Hospitalidade e colaboración na Galicia Romana, con Sonia María García García; autora da novela Toca, el oro de la Gallaecia.

Entrada libre. C. Cultural de Oia. (Ubicación)

  • DOMINGO, 17 DE SETEMBRO

Actos no castro de Cano dos Mouros (Viladesuso)*: (Ubicación)

-18.00 horas: Visita guiada no castro.

-19.00 horas: Representación teatral a cargo do grupo O mellor de cada casa.

-Contemplación do solpor amenizada pola Fiada de Viladesuso.

-21.00 horas: Espectáculo Os contos do Rei Sol, de Avelino González.

*En caso de chuvia a festa trasladarase ao C. Cultural de Viladesuso. (Ubicación)

 

Seguide atentos porque iremos actualizando tódalas novidades do festival tanto na web como nas redes sociais. En Facebook, ademais da páxina da Asociación Costa dos Castros, temos creado un evento específico para o Festival do Rei Sol 2017. Axúdasnos a difundilo?

 

Programación do Festival do Rei Sol (Oia) 2017

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: 689.35.57.13

FESTIVAL COORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN COSTA DOS CASTROS E O CONCELLO DE OIA. CONTA CO FINANCIAMENTO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA (ANO DO PATRIMONIO).