Semana Santa 2018 en Oia: andaina pola Ruta Máxica e visita ao Arrabal

A Asociación Costa dos Castros xunto co Concello de Oia organizan esta Semana Santa unha andaina pola Ruta Máxica e unha visita guiada polo barrio do Arrabal, dúas actividades que teñen o obxectivo de dar a coñecer o patrimonio do municipio e promover o turismo cultural.

A primeira actividade será a andaina pola Ruta Máxica (18 km) o venres 30 de marzo. O itinerario incluirá puntos de interese como os petróglifos da Pedreira e A Pousadela, o bosque das Sobreiras do Faro e o castro da Cabeciña. Sairá as 10.00 horas e terá percorrido lineal, con paradas para contemplar os puntos de interese e para comer (cada participante deberá levar a súa comida). Trátase dun roteiro de dificultade baixa.

A actividade de sendeirismo pola Ruta Máxica de Oia é gratuíta, pero é preciso inscribirse.

Información e inscricións: no número de teléfono 689.35.57.13 ou ben no correo electrónico costadoscastros@gmail.com.

Visita guiada gratuíta ao Arrabal

Para o sábado 31 de marzo está programada unha visita guiada polo barrio do Arrabal (contorna do Mosteiro de Oia) que sairá ás 12.00 horas do exterior da Oficina de Turismo. Trátase dunha actividade gratuíta que non require inscrición.

 

Máis información sobre as actividades de Semana Santa, localizacións dos puntos de encontro, etc. premendo nesta ligazón

 

Actividades Semana Santa 2018 Oia Costa dos Castros