Suspendida a andaina de Semana Santa, mantense a visita guiada

Lamentamos comunicarvos que, debido que se agardan chuvias continuadas e ventos fortes para o próximo venres, a andaina pola Ruta Máxica programada dentro das actividades de Semana Santa queda suspendida, coa intención de volver organizala nunha fin de semana próxima (iremos informando).

En canto á proposta para o sábado 31 de marzo ás 12.00 horas, a visita guiada ao Arrabal (contorna do Mosteiro de Santa María de Oia) mantense.

Traede paraugas e animádevos a coñecer os segredos deste barrio histórico! Máis informacion na imaxe ou nesta ligazón.

semana santa 2018 oia costa dos castros