A Costa dos Castros de Oia como destino de turismo arqueolóxico e cultural

Na Asociación Costa dos Castros de Oia imos dando pasiños no noso obxectivo de visibilizar e dar a coñecer o patrimonio local e posicionar este territorio como un destino de turismo arqueolóxico e cultural cun modelo sostible que nos axude a preservar os nosos recursos ao mesmo tempo que os damos a coñecer.

Algunhas das actuacións nas que estamos a traballar actualmente son os traballos de deseño e melloras en rutas de sendeirismo (que inclúe a renovación de paneis na Ruta Máxica de Oia) e o posicionamento do destino Costa dos Castros en ámbitos especializados en turismo arqueolóxico. Entre estes, destaca a iniciativa Oia-Costa dos Castros como destino recomendando Arqueotrip e a inclusión de contidos na web Cultura y Turismo.

Festival do Rei Sol Costa dos Castros 2017

 

Petróglifos, castros, o Mosteiro e o seu entorno (o Barrio do Arrabal) son algúns dos principais recursos de turismo cultural que temos en Oia, un lugar onde cunha natureza e paisaxe estreitamente ligadas a ese patrimonio cultural. Unha paisaxe que garda segredos milenarios, unhas as historias que imos debullando nas nosas programacións de visitas guiadas de Semana Santa e verán.