Visitas guiadas en Oia Semana Santa 2019

A Asociación Costa dos Castros desenvolverá, en colaboración co Concello de Oia, a súa programación de visitas guiadas de Semana Santa os días 18 e 19 de abril e incluirá propostas novidosas respecto a anos anteriores, sempre co obxectivo de divulgar a riqueza patrimonial de Oia. Este ano haberá unha visita aos petróglifos da Pedreira e outra ao barrio histórico do Arrabal, a cal se desenvolverá a partir da temática do libro “Con otra mirada. Horror de la guerra civil española en el Monasterio de Oia 1936-1939”.

As visitas se desenvolverán de xeito gratuíto e non requiren inscrición.

A primeira das propostas será na tarde do xoves 18 de abril e desenvolverase baixo o título “Solpor na Pedreira”. Durante o percorrido daranse a coñecer os principais fitos da paisaxe así como as estacións de gravados rupestres da Pedreira, en Santa María de Oia.

As persoas interesadas en asistir a esta actividade deberán estar ás 19.30 horas diante da Oficina de Turismo, onde se xuntará ao grupo. De alí sairase (cada persoa no seu coche particular) hasta os petróglifos da Pedreira, situados no inicio da Ruta Máxica de Oia en Santa María de Oia. Recoméndase levar calzado deportivo e cómodo.

Arrabal con outra ollada

O venres 19 haberá unha visita guiada baixo o título “Arrabal con outra ollada”. Nesta ocasión, a temática da ruta basearase no libro “Con otra mirada. Horror de la guerra civil española en el Monasterio de Oia 1936-1939” que recolle os resultados dunha investigación sobre a época na que o cenobio cisterciense funcionou como campo de concentración. A obra, recentemente editada polo Concello de Oia, foi realizada por Fernando Javier Costas Goberna, Lucía Álvarez Caeiro e Lorena González Vicente.

As visita guiada ao Arrabal desenvolverase ás 18.00 horas e o punto de encontro será a Oficina de Turismo. Desde aí, farase o percorrido a pé polo barrio histórico.

Igrexa

Por outra banda, con motivo da Semana Santa a igrexa parroquial de Santa María de Oia ampliará o seu horario de apertura ao público (visita libre).

Música na rúa

Además das visitas, a programación de actividades culturais e de lecer en Oia para a Semana Santa inclúe diversas propostas musicais organizadas polo Concello. Trátase de espectáculos pensados para todas as idades e que inclúen diferentes estilos.

O sábado ás 17.30 horas a Praza Centinela acollerá o espectáculo infantil de Pakolas. A última hora do día (a partir das 21.00h.) haberá cantos de taberna nos locais da contorna.

Finalmente, o domingo celebraranse as actuacións dos grupos locais Tra-lo Mosteiro e As Caramuxas. A cita será na Praza da Centinela a partir das 18.00 horas.

Aquí vos deixamos o resumo da programación:

 

CARTEL-SEMANA-SANTA-OIA-2019