Arboreto de Mougás

“Considero que as nosas árbores autóctonas son un verdadeiro tesouro”

O reconto da campaña de micromecenado de Costa dos Castros segue a subir. Hoxe imos coñecer o caso particular dunha colaboradora, Nieves, que non deixa de sorprendernos pola súa sensibilidade e xenerosidade, como demostra nesta entrevista. Dende que inauguramos a campaña en xullo tivemos un goteo de aportacións de persoas […]

Sobreira da Cabeciña

Unha sobreira para A Cabeciña

Nas camisolas, nas botellas de cervexa… seguro que nalgures teredes visto a imaxe da Cabeciña: poderíamos resumila como unha composición formada polo curuto do monte presidido por unha solitaria e fráxil sobreira á luz da tardiña, pero realmente cóntanos moito máis. Para coñecer todos os detalles falamos con Juan Pablo […]

Andaina A Cabeciña

PRENSA: Máis de 500 persoas visitaron A Cabeciña ao longo da campaña arqueolóxica de agosto

A maioría foron galegos, pero tamén houbo visitantes doutros puntos de España así como internacionais. Rematadas as escavacións no castro de Mougás, traballarase nos castros de Cano dos Mouros (Viladesuso) e Chavella (Santa María). Máis de 500 persoas visitaron A Cabeciña (Mougás-Oia) durante a campaña arqueolóxica desenvolvida no mes de […]

A Cabeciña. Agosto 2015.

Monumental, querido Watson

Levamos consumidas tres semanas de traballos na Cabeciña. A superficie aberta vainos revelando novas informacións sobre o xacemento ao tempo que nos preparamos para estes últimos días de escavación con varias incógnitas que queremos resolver. A principal conclusión á que chegamos nesta intervención é a de que estamos ante un […]