Arqueoloxía

A Cabeciña. Día 5.

A Cabeciña non para!

O equipo de A Cabeciña traballa arreo e xa se van notando os primeiros avances nas escavacións: terminamos de retirar a capa vexetal e comezamos a baixar ata a unidade estratigráfica 2. Aínda son necesarios os sachos, as pas e as carretas para retirar grandes cantidades de terra, pero ao mesmo […]

DSC_0542

‘Antropolo-Día’ na Cabeciña

Os traballos que se desenvolven en Costa dos Castros non son só arqueolóxicos. Tamén seduciron á antropoloxía, unha disciplina encargada de estudar as manifestacións humanas e culturais, sobre a cal falaremos neste artigo, aproveitando actividades que realizamos hoxe. E é que tivemos un Antropolo-Día: o noso equipo multidisciplinar puido coñecer en […]

A Cabeciña. Día 2.

Mans á obra! Isto é A Cabeciña!

Empezamos con moitas forzas a segunda xornada. Trala primeira toma de contacto co terreo realizada o primeiro día, por fin poderiamos empezar a chantar os sachos e dar inicio aos traballos arqueolóxicos. Pero antes de que comezase o Rock and Roll, aínda tiñamos pendentes algúns labores previos. O día prometía […]

A Cabeciña Día 1

Retomamos os traballos arqueolóxicos no castro da Cabeciña!

Durante todo o mes de agosto un equipo internacional de 15 persoas traballará para intentar resolver as moitas incógnitas arredor deste xacemento. A principios de 2015 unha escavación da Deputación de Pontevedra superou as nosas expectativas do que podía esconder o castro. Pero os restos atopados formularon máis preguntas que […]