Notas de Prensa

Arboreto de Mougás

Prensa: Medra o arboreto de Mougás

Case noventa escolares do Ceip Mestre Manuel García de Oia axudaron a plantar corenta árbores para un xardín botánico de diferentes especies arbóreas, impulsado pola Comunidade de Montes de Mougás no marco do proxecto Costa dos Castros. Ligazón a máis fotos da xornada de plantación no Facebook de Costa dos […]

Chavella

PRENSA: Inícianse os traballos arqueolóxicos no castro de Chavella

Esta semana inaugurouse a campaña arqueolóxica no castro de Chavella (Oia). Os traballos son a cargo dun equipo de arqueólogos galegos e británicos e prodúcense como resultado da campaña de micromecenado no marco do proxecto Costa dos Castros. Para inaugurar a campaña, onte sábado 17 realizouse unha visita guiada que rematou […]

Pack Gourmet A Cabeciña

PRENSA: Preséntase o Pack Gourmet A Cabeciña

Este venres 16 de outubro presentouse en Baiona o Pack Gourmet da Cabeciña. O acto celebrouse pola tarde na cervexería La Micro, na Praza de Abastos de Baiona. Tras a presentación os asistentes degustaron unhas conservas Chanquete e cervexa A Cabeciña. Os beneficios da venda dos paquetes destinaranse ao proxecto Costa dos Castros, no que […]

Castro de Cano dos Mouros en Viladesuso, Oia

PRENSA: Comezan os traballos de limpeza no Castro de Cano dos Mouros en Viladesuso

O proxecto comeza esta semana co fin de limpar o xacemento para poder rexistrar as estruturas visibles e facer o plano topográfico. Este sábado 26 haberá unha xornada de portas abertas para que todo o mundo poida participar. Os traballos están promovidos pola Comunidade de Montes de Viladesuso e enmárcanse […]