Notas de Prensa

Andaina A Cabeciña

PRENSA: Máis de 500 persoas visitaron A Cabeciña ao longo da campaña arqueolóxica de agosto

A maioría foron galegos, pero tamén houbo visitantes doutros puntos de España así como internacionais. Rematadas as escavacións no castro de Mougás, traballarase nos castros de Cano dos Mouros (Viladesuso) e Chavella (Santa María). Máis de 500 persoas visitaron A Cabeciña (Mougás-Oia) durante a campaña arqueolóxica desenvolvida no mes de […]

Visita guiada A Cabeciña

PRENSA: Últimos días para as visitas guiadas ao xacemento da Cabeciña

No que vai de campaña máis de 400 persoas pasaron polo castro e petróglifos da Cabeciña. As visitas guiadas, gratuítas, son de martes a venres ás 12:00 e sábado e domingo ás 12:00 e ás 19:00. As actuacións arqueolóxicas se desenvolven este mes impulsadas pola Comunidade de Montes de Mougás […]

Barferencia A Cabeciña

PRENSA: Amplíanse as barferencias da Costa dos Castros cunha charla sorpresa o sábado 22

As barferencias, charlas divulgativas organizadas en diferentes locais da parroquia de Oia con motivo das escavacións arqueolóxicas no castro da Cabeciña, contarán cunha nova cita que se engadirá ás catro xa programadas para este mes de agosto. Esta nova conferencia será especial e, por tanto, terá as súas propias particularidades. […]

Sondeo 3 do castro da Cabeciña na escavación da Deputación de Pontevedra

PRENSA: Inícianse os traballos arqueolóxicos no Castro da Cabeciña

O xacemento da Cabeciña en Oia está ao completo este mes de agosto. A partir do luns 3 un equipo de arqueólogos traballará para seguir investigando o impresionante castro e os petróglifos circundantes. O público está invitado a visitar A Cabeciña e ver a arqueoloxía en acción. Haberá visitas guiadas […]