Actualidade

Teatro veciñal o 2 de Xuño no Arrabal
O grupo de veciñas e veciños participantes no obradoiro de teatro veciñal que organiza o Concello de Oia estrearán as súas creacións o domingo 2 de xuño, cunha visita dramatizada ao barrio do Arrabal. O espectáculo comezará ás 19.00 horas. Froito dun proceso de recompilación de historias locais, tradicións populares […]

Visitas guiadas en Oia Semana Santa 2019
A Asociación Costa dos Castros desenvolverá, en colaboración co Concello de Oia, a súa programación de visitas guiadas de Semana Santa os días 18 e 19 de abril e incluirá propostas novidosas respecto a anos anteriores, sempre co obxectivo de divulgar a riqueza patrimonial de Oia. Este ano haberá unha […]

A Costa dos Castros de Oia no Ano Europeo do Patrimonio Cultural
Neste 2018 celebramos o Ano Europeo do Patrimonio Cultural, unha excelente oportunidade para pararnos a reflexionar sobre o valor do noso patrimonio, ensalzar a súa diversidade e insistir na necesidade de preservalo para as xeracións futuras. Estes obxectivos coinciden coas intencións coas que, na Asociación Costa dos Castros […]