Colabora co proxecto e convértete nun auténtico Gardián da Costa dos Castros!
En Costa dos Castros (asociación sen ánimo de lucro) desenvolvemos diversas iniciativas para a captación de recursos económicos que, xunto coas achegas das comunidades de montes, nos permiten levar a cabo as accións de recuperación, posta en valor e difusión do patrimonio arqueolóxico de Oia.
Se che apetece colaborar con nós a través dunha achega económica, podes facelo mercando unha destas mochilas de algodón que temos á venda. Son prácticas para saír de andaina, ir á praia, levar de viaxe… e ao mesmo tempo estasnos axudando a avanzar nas nosas accións.
Contacta con nós e informámoste de como conseguilas!
Mochilas Costa dos Castros 100% algodón.
Medidas: 37 x 41 cm
Prezo: 5 euros + gastos de envío.
Únete ao noso equipo de Gardiáns da Costa dos Castros!
Campañas de crowdfunding
Á hora de captar fondos tamén temos desenvolvido algunhas campañas de crowdfunding, xunto coa empresa británica Digventures.
Nestes momentos non temos ningunha activa, pero se queres coñecer en que consistiron as anteriores, podes ver este vídeo da de 2016: