Comer e durmir

O Concello de Oia caracterízase por ofrecer unha hostalería de calidade e honesta. Cunha gran relación calidade/prezo, tanto no gastronómico como no tocante a aloxamento, hai opcións para todos os petos. Un lugar ideal no que pasar uns días cunha opción económica ou de confort, comer produtos locais a bos prezos e complementar cunha gran oferta de lugares para visitar e actividades.

Para comer

O que máis destaca da oferta gastronómica de Oia son os peixes e mariscos, pero non debemos esquecer que a gandería ten moitísimo peso nesta zona, polo que as carnes, tamén son de gran calidade. Froitas e verduras producidas localmente, completan unha oferta de “Mar e Montaña” que fan deste concello un lugar altamente recomendado para afeccionados á gastronomía

O Peñasco: Un clásico da zona. Cociña baseada no produto e na cociña tradicional e de lume lento. Destacan as súas caldeiradas de peixes e verduras e a súa cociña temática.

Porto dos Barcos: Un referente de calidade. Destaca polo seu produto, tanto peixes e mariscos frescos como carnes de primeira. Dispón ademais de bocadillos racións ou pizzas como alternativa máis informal.

A Riña: Se buscas un lugar no que comer algo sinxelo, informal e de calidade este é o teu lugar. Bocadillos, racións ou pizzas agárdante neste excelente punto de reunión. Conta ademais con pantallas xigantes para os eventos deportivos.

A Camboa: Situado en fronte do Mosteiro de Oia, cunhas vistas espléndidas, é un lugar idílico no que desfrutar dun bo peixe fresco, boa carne ou unhas racións. Destaca o seu gran xardín mirando ao mar e ao mosteiro.

A Casa da Henriqueta: Nunha gran casa de pedra no pintoresco barrio do Arrabal. Ambiente cálido e de fogar no que tomar excelente produto de mercado ou cociña máis elaborada

Aguncheiro: Cociña caseira baseada en produto local no barrio do Porto. Racións e pratos de calidade e, sobre todo, non deixes de probar os seus arroces de marisco.

Glasgow: Gran complexo hostaleiro con hotel, comedores e zonas axardinadas con máis de 20 anos de experiencia na organización de eventos e banquetes.

Para durmir:

No Concello de Oia podes atopar opcións de aloxamento para todos os petos e estilos de turismo. Prezos competitivos e confort a un paso do mar, da montaña e de excelentes elementos do Patrimonio.

Albergue Aguncheiro: Un complexo hostaleiro que ofrece habitacións compartidas en formato albergue, habitacións dobres e individuais e apartamentos ideais para viaxar en familia

Camping O Muíño: Cámping de primeira ao carón do mar. Dispón de prazas para tendas de campaña e caravanas así como bungalows privados ou para alugar. Ideal para turismo familiar e grupos de amigos.

O Peñasco: Habitacións privadas amplas e confortables, trato familiar e garaxe privado debaixo de cada habitación.

Talaso Atlántico: Aloxamento de luxo con vistas ao mar. Ideal para uns días de relax sen preocuparse de nada. Desfruta ademais dos seus servizos de talasoterapia, masaxes terapéuticos ou de relax. Gran opción para pasar uns días en parella.

Hotel Glasgow: Aloxamento moderno ao carón do mar con xardíns, pistas de tenis e fútbol e dúas piscinas. Para viaxes de negocios tamén conta con salas de convencións.

Escolle o recurso que te encaixe mellor