Situado no barrio do Arrabal, formado históricamente polos profesionais que daban servizo ao Mosteiro de Oia. Antigo barrio de canteiros, telleiros, etc… hoxe en día conforma un fermoso e pintoresco conxunto polo que dar un agradable paseo.
No corazón deste barrio, atopamos a Casa da Henriqueta, unha casona do século XVI reconvertida en restaurante. Nesta casa os fogóns sempre tiveron gran importancia xa que foi forno do propio Mosteiro e de feito, as empanadas, son unha das súas especialidades.
Vinculado ao territorio, na Henriqueta atoparemos comida baseada no produto e na tradición. Como non podía ser doutro xeito, destacan os seus peixes do día, as carnes e os mariscos, pero tamén esa cociña tradicional galega cuxo arume debeu prender nas pedras da histórica Casa da Henriqueta. Riquísimas empanadas, arroces caldosos e guisos fumegantes complementan a oferta da Henriqueta.
Os seus espazos son compartimentados en pequenos comedores, case privados, aproveitando a antiga disposición do edificio. Posúe ademais un coidado xardín con hórreo e vistas ao mar.
Información básica
Nome: Restaurante A Casa da Henriqueta
Enderezo: Rúa Vicente López, 3 36794 Oia, Pontevedra
Teléfono: 986 36 20 13