Restaurante Aguncheiro

Na década dos 1950 abría no barrio do Porto o primeiro bar, a de Lino. O carisma de Lino, a única parada de autobús da zona e a instalación do primeiro teléfono da parroquia convertérono no máis importante punto de reunión da contorna.

Hoxe, os seus tres fillos, Marisa, Jorge e Javier continúan coa tradición convertendo o pequeno bar familiar nun complexo hostaleiro con bar-restaurante, albergue, pensióon e apartamentos turísticos. Todo, con modernas instalacións pero trato familiar.

No restaurante podemos atopar unha cociña sinxela e de produto. Destacan os froitos do mar, sobre o que se levanta o edificio e os produtos frescos da súa propia horta. Das especialidades, destacan os arroces de marisco, caldosos e saborosos (por encarga ou con espera de 20 min.). As tortillas son outra especialidade, ideais para un picoteo informal e improvisado.

Hai que destacar tamén a súa terraza elevada e baixo parra. Situada sobre a ribeira do mar con vistas de horizonte infinito, e cun dos solpores máis pracenteiros de toda a bisbarra.

Información básica

Nome: Restaurante Aguncheiro
Enderezo: O Porto 53, 36309 Mougás-Oia Pontevedra
Teléfono: (0034)665840774
Sitio web: www.aguncheiro.com