Restaurante O Peñasco

Un clásico da zona que conta cunha longa traxectoria. O Peñasco é un complexo hosteleiro que conta tamén con aloxamentos.

No tocante ao restaurante, polo seu amplo comedor é un lugar perfecto para a realización de banquetes, eventos ou mesmo para acoller grandes grupos turísticos.

A súa cociña goza da calidade e o mimo que só un negocio familiar sabe dar. Durante a semana, pódese desfrutar dun completo menú do día por dez euros no que destaca a calidade.

Ademais, do menú do día dispón dunha carta fixa na que destacan as caldeiradas de peixes con verduras. Fóra de carta e por encarga dispón dunha interesante oferta con produtos da zona e de tempada no que destaca a lamprea ou o galo de curral.

Información básica

Nome: Restaurante O Peñasco
Enderezo: As Mariñas, 115 – Mougás – 36309 Oia
Teléfono: 986 361 565
Sitio web: www.openasco.com