Restaurante O Porto dos Barcos

Restaurante situado ao pé dun dos escasos fondeadoiros naturais deste pedregoso tramo de costa.

Negocio familiar que aposta pola calidade tanto no servizo coma no produto. Gastronomía baseada no produto de proximidade, sobre todo do mar mais tamén da terra con excelentes carnes e verduras.

Unha aposta segura aberta durante todo o ano que conta ademais cunha ampla terraza-xardín sobre o océano.

Cociña tradicional que atopa espazo na súa carta para algún trazo máis innovador e moderno como a inclusión da alga nalgún dos seus pratos.

Porto dos Barcos conta ademais cunha ampla gama de sobremesas caseiras para poñer o colofón a unha gran comida.

Información Básica

Nome: O Porto dos Barcos
Enderezo: Calle Serrallo, 1, 36309 Oia, Pontevedra
Teléfono: 986 36 18 16
Sitio web: portodosbarcos.blogspot.com