Tapería A Riña

A Riña ten unha oferta gastronómica informal e de calidade. Lugar de encontro da xuventude da zona, ofrece un servizo rápido de bocadillos, pizzas e pratos combinados así como racións máis tradicionais de luras, polbo ou zorza.

Un lugar cunha moi axeitada relación calidade prezo, é unha opción moi recomendable e económica.

O ambiente sempre é bo e xuvenil, e ademais das súas múltiples opcións para comer é o lugar ideal no que desfrutar dos eventos deportivos nas súas dúas pantallas xigantes con canles de pago.

Tamén destaca a súa oferta en almorzos con variedade de doces do día, torradas ou zumes.

Información básica

Nome: Tapería A Riña
Enderezo: A Riña, 47 – 36794 Oia (Pontevedra)
Teléfono: 986 362 349