O Concello de Oia ofrece múltiples posibilidades de ocio e práctica de deportes. A súa característica combinación de costa e montaña dá a opción de realizar actividades por terra, mar e aire.
Escolle o deporte ou actividade que te interese:
- Mundo cabalar: Oia ten unha gran tradición de cabalos salvaxes, curros e equitación.
- Parapente: as características topográficas da zona fanna un lugar imprescindible para os amantes do parapente e o voo sen motor.
- Sendeirismo: varios roteiros permítenche explorar o patrimonio cultural e natural da zona mentres fas exercicio.
- BTT&Ciclismo: os montes de Oia son ideais para practicar BTT.
- Surfing & Bodyboard: a accidentada e rochosa costa de Oia atrae aos surfistas máis atrevidos, pero hai opcións para os máis tranquilos.