BTT & Ciclismo en Oia

Unha afección crecente. Cada vez máis persoas escollen as montañas de Oia para levar a cabo rutas de BTT. Unha vez máis, a variable orografía deste territorio permite dispoñer de rutas de maior ou menor dificultade, dende rutas aptas para realizar en familia, ata outras máis extremas para expertos.

Ademais da BTT, o Concello de Oia conta con carril-bici na estrada principal. A bicicleta é deste xeito un medio de transporte moi recomendable, tanto para os desprazamentos cotiáns como para paseos de lecer.

Igual que acontece co sendeirismo, hai unha ruta de BTT e ciclismo agardando por ti, só tes que atopar a túa.

Pincha para máis información na páxina web de Ciclismo Oiense e na de Bici Rutas Galicia Sur para rutas organizadas.