Parapente en Oia

A orografía de Oia, coa súa abrupta subida dende o nivel do mar ata os 662 metros no punto máis alto da Groba, configura un escenario ideal para a práctica deste deporte. A fermosa paisaxe e a liña de costa, adquiren novos valores vistos dende o aire. Unha excelente opción para desfrutar deste entorno a vista de paxaro.

Galicia Parapente
Páxina web: http://www.galiciaparapente.com/
Teléfono: 986 86 25 75 ou 609 80 14 61

Esta empresa ofrece diversas opcións para que os non iniciados e voadores noveis teñan a posibilidade de practicar este deporte de xeito totalmente seguro e sen necesidade de comprar o equipo.

Todas as opcións que ofrecen, contan con monitores titulados, equipos novos e homologados así como seguros.

Voa como pasaxeiro nun bipraza: Dende o primeiro día, sen experiencia previa. Voa como pasaxeiro acompañado dun monitor que se encargará de todo.

Cursos de parapente: Se te interesa aprender para poder voar ti só, podes apuntarte aos seus cursos. Aprenderás teoría, manexo do parapente en terra e en voo, despegue, aterraxe, é dicir, todo o que precisas para aprender a voar paulatinamente dun xeito autónomo.