Blog Posts

Arboreto de Mougás

Prensa: Medra o arboreto de Mougás

Case noventa escolares do Ceip Mestre Manuel García de Oia axudaron a plantar corenta árbores para un xardín botánico de diferentes especies arbóreas, impulsado pola Comunidade de Montes de Mougás no marco do proxecto Costa dos Castros. Ligazón a máis fotos da xornada de plantación no Facebook de Costa dos […]

Chavella con cabalo

A chave de Chavella: A “fiestra valdeira”

Cada castro é unha nova aventura. Cada castro cóntanos unha historia diferente, cada un é unha páxina que compón o libro da Idade do Ferro en Galicia. Cada castro é unha fiestra ás vivencias dun grupo de humanos, unha Ventá indiscreta hithcockiana na que espiamos as vidas dos nosos antergos. […]

Chavella 2015

Onde está a chave de Chavella?

Os nosos amigos de DigVentures xa volven a Inglaterra, pero deixan con nós os resultados do seu gran traballo da última semana. Lisa Westcott resume neste artigo os avances da escavación no castro de Chavella. Estamos tristes de que xa non estea entre o equipo arqueolóxico, pero non demasiado, porque sabemos […]

Chavella

PRENSA: Inícianse os traballos arqueolóxicos no castro de Chavella

Esta semana inaugurouse a campaña arqueolóxica no castro de Chavella (Oia). Os traballos son a cargo dun equipo de arqueólogos galegos e británicos e prodúcense como resultado da campaña de micromecenado no marco do proxecto Costa dos Castros. Para inaugurar a campaña, onte sábado 17 realizouse unha visita guiada que rematou […]