Visitas Guiadas

Visitas Guiadas Costa dos Castros Oia Galicia Rías Baixas

 

Para gozar de todo o que ofrece a Costa dos Castros non tes máis que poñerte calzado cómodo e saír á aventura. Pero se, en vez de visitar Oia por libre, queres descubrir todos os segredos que garda o noso patrimonio, podes contactar con nós para organizar algunha saída para grupos. Ademais, ao longo do ano (especialmente no verán) facemos campañas concretas de visitas guiadas gratuítas.

Campaña de visitas guiadas gratuítas de verán 2017:

A Asociación Costa dos Castros desenvolverá a súa campaña de visitas guiadas gratuítas  do 14 de xullo ao 15 de setembro (ámbolos dous días inclusive). Haberá actividades tódalas semanas, de xoves a domingo, cos seguintes horarios:

  • Xoves:

-12.00 horas: castro e petróglifos da Cabeciña.

Punto de encontro: A Cabeciña.

  • Venres:

-12.00 horas: castro e petróglifos da Cabeciña.

Punto de encontro: A Cabeciña.

-22.30 horas: petróglifos da Cabeciña nocturna. Prazas limitadas. Precisa inscrición.

  • Sábados:

-12.00 horas: Barrio do Arrabal.

Punto de encontro: zona de aparcamento diante do Mosteiro de Oia.

-22.30 horas: petróglifo de Auga dos Cebros nocturna. Prazas limitadas. Precisa inscrición.

  • Domingos:

-12.00 horas: Barrio do Arrabal.

Punto de encontro: zona de aparcamento diante do Mosteiro de Oia.

 

Se sodes un grupo e estes horarios non vos son acaídos, ou se queredes coñecer outras propostas fóra desta campaña de visitas gratuítas, poñédevos en contacto con nós a través do teléfono ou do correo electrónico. Procuraremos adaptarnos ás vosas necesidades!

 

Máis información:

Tel: 689.35.57.13

costadoscastros@gmail.com

Segue as contas de Facebook e Twitter de Costa dos Castros para non perderte nada!