Visitas Guiadas

Visitas Guiadas Costa dos Castros Oia Galicia Rías Baixas

Para gozar de todo o que ofrece a Costa dos Castros non tes máis que poñerte calzado cómodo e saír á aventura. Pero se, en vez de visitar Oia por libre, queres descubrir todos os segredos que garda o noso patrimonio, convidámoste a participar nas actividades gratuítas que programamos varias veces ao ano.

Campaña de visitas guiadas gratuítas de verán 2017:

A Asociación Costa dos Castros desenvolverá a súa campaña de visitas guiadas gratuítas  do 14 de xullo ao 15 de setembro (ámbolos dous días inclusive). Haberá actividades tódalas semanas, de xoves a domingo, cos seguintes horarios:

  • Xoves:

-12.00 horas: castro e petróglifos da Cabeciña.

Punto de encontro: A Cabeciña.

  • Venres:

-12.00 horas: castro e petróglifos da Cabeciña.

Punto de encontro: A Cabeciña.

-22.30 horas: petróglifos da Cabeciña nocturna. Prazas limitadas. Precisa inscrición.

  • Sábados:

-12.00 horas: Barrio do Arrabal.

Punto de encontro: zona de aparcamento diante do Mosteiro de Oia.

-22.30 horas: petróglifo de Auga dos Cebros nocturna. Prazas limitadas. Precisa inscrición.

  • Domingos:

-12.00 horas: Barrio do Arrabal.

Punto de encontro: zona de aparcamento diante do Mosteiro de Oia.

 

Se sodes un grupo e estes horarios non vos son acaídos, ou se queredes coñecer outras propostas fóra desta campaña de visitas gratuítas, poñédevos en contacto con nós a través do teléfono ou do correo electrónico. Procuraremos adaptarnos ás vosas necesidades!

 

Máis información:

Tel: 689.35.57.13

costadoscastros@gmail.com

Segue as contas de Facebook e Twitter de Costa dos Castros para non perderte nada!