Tag: patrimonio

Cano dos Mouros

Festa do Rei Sol: Información Práctica

Este sábado 26 de setembro participa na Festa do Rei Sol no castro de Cano dos Mouros, unha xornada de Portas Abertas para axudarnos a limpar este castro en Viladesuso (Oia), ou simplemente para gozar dunha foliada neste espazo e as súas vistas espectaculares sobre o océano Atlántico. Todo o […]

Castro de Cano dos Mouros en Viladesuso, Oia

PRENSA: Comezan os traballos de limpeza no Castro de Cano dos Mouros en Viladesuso

O proxecto comeza esta semana co fin de limpar o xacemento para poder rexistrar as estruturas visibles e facer o plano topográfico. Este sábado 26 haberá unha xornada de portas abertas para que todo o mundo poida participar. Os traballos están promovidos pola Comunidade de Montes de Viladesuso e enmárcanse […]

Arboreto de Mougás

“Considero que as nosas árbores autóctonas son un verdadeiro tesouro”

O reconto da campaña de micromecenado de Costa dos Castros segue a subir. Hoxe imos coñecer o caso particular dunha colaboradora, Nieves, que non deixa de sorprendernos pola súa sensibilidade e xenerosidade, como demostra nesta entrevista. Dende que inauguramos a campaña en xullo tivemos un goteo de aportacións de persoas […]

Andaina A Cabeciña

PRENSA: Máis de 500 persoas visitaron A Cabeciña ao longo da campaña arqueolóxica de agosto

A maioría foron galegos, pero tamén houbo visitantes doutros puntos de España así como internacionais. Rematadas as escavacións no castro de Mougás, traballarase nos castros de Cano dos Mouros (Viladesuso) e Chavella (Santa María). Máis de 500 persoas visitaron A Cabeciña (Mougás-Oia) durante a campaña arqueolóxica desenvolvida no mes de […]