Albergue Aguncheiro

Na década dos 1950 abría no barrio do Porto o primeiro bar, a de Lino. O carisma de Lino, a única parada de autobús da zona e a instalación do primeiro teléfono da parroquia convertérono no máis importante punto de reunión da contorna.

Hoxe, os seus fillos, Jorge e Javier continúan coa tradición convertendo o pequeno bar familiar nun complexo hostaleiro con bar-restaurante, albergue, pensión e apartamentos turísticos. Todo, con modernas instalacións pero trato familiar.

Aguncheiro ofrece diversas opcións de aloxamento, todas coa calidade dunhas instalacións modernas, inauguradas en 2005.

A opción máis económica son as habitacións compartidas do albergue. Trátase de habitacións de 6 ou 8 prazas en formato liteiras. Tamén dispón de habitacións individuais ou dobres de carácter privado e con baño en-suite e incluso de apartamentos turísticos para un turismo máis familiar.

Os inquilinos dispoñen ademais dunha zona de lavado e secado de roupa así como unha zona común de esparcemento con mesas e barbacoa.

Información básica

Nome: Albergue Aguncheiro
Enderezo: O Porto 53, 36309 Mougás-Oia Pontevedra (ES)
Teléfono: (0034)665840774
Sitio web: www.aguncheiro.com